miércoles, 27 de enero de 2010

Día da Paz: 30 de xaneiro

Celebramos o día da Paz con
MÚSICA E CONTACONTOS
con
“A tropa de trapo”presentan:
A HORA AZUL
Espectáculo de música e contacontos.





Unha muller e un home, con voces suxerentes, narran historias do Mundo Árabe, da Galiza, de Andalucía… Son historias humanas e sinceras, cheas de vida, acompañadas polo son do laúde árabe, da darbouka, da guitarra flamenca, do caixón...

Destinatarios: Todos os cursos da ESO
Data: Venres 29 de xaneiro de 2010
Hora: 9:20 a 11:20
Lugar: Salón de Actos

Organiza: Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística
Departamento de Lingua e Literatura Galega. Grupo da Biblioteca.
IES Castro da Uz. As Pontes


Como mostra desta actuación temos as intervencións de Brais e Marta, "A tropa de trapo" no obradoiro que impartiron ao noso alumnado despois da sesión de contacontos.
MOITAS GRAZAS A BRAIS E A MARTA!
O alumado de 3º e 4ºda ESO estivemos con Marta



Os alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO estivemos con Brais
Interpretamos os libros





Tecemos unha historia



No 2ºrecreo desenvolvemos o "Xogo da Paz", é un xogo cooperativo no que seguimos pistas, colocadas previamente, para descubrir ao remate un enigma buscando na rede datos relacionados cos premios Nobel da Paz.
Aquí estamos encontrándo as pistas, interpretándoas, descifrando o enigma e ... finalmente gañamos...!











O alumnado de 3º da ESO elaborou o "Decálogo da Paz":
Razoa antes de actuar.
Liberdade para todos e para todas.
Axudar en todo momento e facer o imposible por mellorar.
Educar o presente que será o futuro
Aprender a escoitar ata 10 +
Igualdade de xéneros, social, política, mental, étnica, relixiosa, física...
Amor ao medio que nos rodea, á vida, aos animais, ás persoas, ao que fas...
Amizade
Tolerancia
Tranquilidade á hora de APLICAR TODO ISTO.
Queremos compartir convosco unha serie de pezas musicais para celebrar este día tan emotivo.Respirade fondamente e sentide a solidariedade, o amor, a paz, o respecto....
Vede e escoitade esta recopilación de música de hoxe e de sempre...




































1 comentario:

Argalleiros e Argalleiras das Letras dijo...

Ola, argalleiros. De cando en vez paso por aquí para ver as vosas novidades e como creo que "UN BLOG SE ALIMENTA DE COMENTARIOS", aí vai o meu. Gústame moito a selección de música "Pacífica" e tamén me pareceu moi interesante a selección que fixeron as vosas profes das páxinas de lingua e literatura. Pido permiso para copialas no noso blog de LLG. Dádesmo? Tamén me gustaría que de cando en vez aparecesen os vosos comentarios polo blog que temos dos nenos ex soldado xa que a vosa colaboración é xenial. Chelo sabe o enderezo.
Un bico dende Cabanas.