miércoles, 19 de enero de 2011

Arrugas


Como coordinadores deste club comezamos preguntándonos o porqué do título do cómic, e o resto de compoñentes sacaron as súas propias conclusións.



Este cómic é interesante por tratar un tema pouco explotado no noveno arte. En realidade Arrugas non se circunscribe unicamente á enfermidade do Alzheimer, senón que orbita arredor da sensación de falta de utilidade para a sociedade que padecen os anciáns e enfermos, reforzada pola actitude da propia sociedade e, máis en particular, da propia familia. Evidentemente, o tema é proclive ao achegamento sensiblero e lacrimóxeno e é de agradecer que Paco Roca non optara por esta vía.
Os abundantes momentos onde o humor toma protagonismo poden facer pensar nunha excesiva lixeireza ao tratar un tema tan serio como o que este libro presenta, pero serven de contrapunto a eses outros momentos máis duros e cárganos dun significado especial.

Historietista español nacido en 1969 en Valencia, traballa principalmente para o mercado francés como ilustrador. As súas primeiras influencias e contactos co cómic foron: Mortadelo e Filemón, Astérix, Blueberry, Tintín.Os seus inicios comezaron en 1996 en Kiss Comix e El Víbora; a súa novela gráfica Rides foi considerada unha das vinte mellores novelas editadas en Francia. En 2008 recibiu o premio ao mellor guión e á mellor obra polo seu cómic, Arrugas.
Manuel (2ºBAC) e Dani (3ªESO).

2 comentarios:

biblioteca dijo...

ola!
Son un admirador de todos os tipos de cómics, pero este foi unha das miñas melloras lecturas, xa que é un libro moi didáctico, con boas ilustracións e real. Recoméndollo a todo o mundo porque a parte de ser unha lectura amena aprendes e reflexionas sobre a enfermidade do século actual; o alzheimer.

biblioteca dijo...

Empecei a ler este libro porque mo recomendaron os meus compañeiros do club de lectura.
Gustoume moito aínda que é algo triste porque nunca na vida me puxera a pensar na vida nunha residencia de anciáns.
Ó final non o entendin, pero despopis de que mo explicaran dinme conta de que é unha maneira moi realista de representar esa enfermidade, da dor de non coñecer a xente que tes diante, de non saber quen é.
Recomendo este libro xa que che fai reflexionar sobre a enfermidade que chaman do futuro.

A argalleira Paula.