sábado, 29 de enero de 2011

Termodonte


Os argalleiros e argalleiras I comezamos a lectura de Termodonte e outros contos da escritora Begoña Martín Acero.
Imos presentar a autora sen recorrer ao que anda na rede porque non o necesitamos, xa que foi profesora no noso instituto.



Begoña Martín Acero naceu baixo o signo de leo, como a argalleira Cris, e lévase moi ben co signo acuario, coma Chelo e a argalleira Paula. A súa árbore celta é o cedro -mira como medra-. É unha persoa moi solidaria -sabémolo porque levamos traballando moito tempo con ela axudando os Nenos ex-soldado da República Democrática do Congo- e xenerosa, xa que cando se enterou de que iamos ler o seu libro no club de lectura agasallounos con un exemplar a cada un dedicado especialmente para nós.
O seu segundo libro publicado é Mar de cores , son relatos que levan títulos de cores e van acompañados de ilustracións feitas por Paloma García, agás "Gris pedra", debuxado por Camino, a súa filla. Tamén escribiu Técnicas de expresión escrita, pero este non o imos ler no club de lectura.
Unha cousa que se nos esquecía da autora. Os animais forman parte da súa vida. Matilda, Kenia, Morito e tantos outros...

Grazas, Begoña.
Recordámosche que estás invitada ao noso club de lectura para falar de moitas cousas. ¿Acórdaste?
Paula, Cris, Natalia e Sabela.

6 comentarios:

Unknown dijo...

Co primeiro relato "Unha viaxe a terra dos xeos"
quedámonos con: xustiza, valentía, aguante e vinganza.
Natalia e Sabela

biblioteca dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
biblioteca dijo...

Co segundo relato "A terra dos xaguares" quedamonos coa desigualdade, o machismo e a vinganza xusta.

A argalleira Paula.

biblioteca dijo...

Nos "Tesouros de Catur" quedámonos con:amizade, egoísmo, avaricia traizón, soidade.
Para min Alba Sherezade paréceme o prototipo de muller loitadora que defende xustamente os seus dereitos.

Daniela dijo...

Co libro "Termodonte" aprendín novos puntos de vista sobre a amizade, vin o que é o desexo de vinganza, pero sobre todo, impactoume o sufrimento das mulleres no último relato.

Argalleiros e Argalleiras das Letras dijo...

Comezamos a lectura de Termodonte falando das dedicatorias.
"Para Camino e Berta", quen serán?
O nome de Camino deunos xogo para liarnos como persianas e falar sobre a película.
Dixemos que non a volveriamos ver, porque aínda que é moi bonita, é moi triste. Paula, por levar a contraria coma sempre, levouna para ver na casa.
Vimos que eran relatos diferentes e que un, que andaba polo medio, concidía co título.
Decidimos arrincar, pero...por que relato comezamos? Termodonte?
Non, é mellor seguir a orde na que veñen porque se Begoña os puxo así...será por algo!! – dixo Cristina moi convencida.