A viaxe a Madrid realizouse os días 23 e 24 de abril coincidindo co día do Libro. Saímos ás oite e media da mañá do Castro da uz e durante a viaxe de ida realizamos dúas paradas, a primeira de pouca duración nun hostal, e xa foi na segunda onde xantamos e tivemos bastante tempo para descansar.
Chegamos a Madrid sobre as tres da tarde, pero unha vez no hotel tivemos pequenos problemas, xa que houbo que volver organizar todos os cuartos por petición deles, e perdemos bastante tempo realizándoo, polo que nos quedou pouco tempo para deixar as cousas no cuarto e cambiarnos.
Unha vez que todos estabamos na porta puxemos rumbo cara ao parque que está preto da RAE, dos Jerónimos e ao lado do Museo do Prado, onde-teoricamente- se ía realizar a lectura do libro Noite de voraces sombras de Agustín Fernández Paz e Nada de Janne Teller, digo teoricamente porque ese era o plan, pero ao final só nos deu tempo a ler o libro de Agustín Fernández Paz. Cada un lía, máis ou menos, unhas tres páxinas, e despois dese anaco tiña que escoller unha palabra coa que despois habería que formar un verso do poema colectivo.
Estivemos, máis ou menos, ata as oite e cuarto, hora na que nos diriximos a Caixa Forum para ver o recital de poesía, "Todo es silencio", que o autor galego Manuel Rivas realizaba en Madrid dentro da actividade "La noche de los libros". Este recital era só unha das 600 actividades que había programadas en Madrid ese día, segundo nos contou a presentadora do programa.
O recital durou aproximadamente unha hora e estaba pensado para espertar todos os sentidos. Mesturaba a voz do poeta recitando os seus poemas, con acompañamento musical de tres músicos, unha cantante e imaxes que se proxectaban nunha grande pantalla. Na miña opinión foi unha sorte poder acudir a este acto.
Ao final do recital, cando xa nos encontrabamos na saída, case todas as "argalleiras" da excursión fixo unha foto co fillo do escritor, o actor Martiño rivas, aínda que a Chelo lle parecera máis guapo o seu pai, Manuel Rivas.
Á saída do recital, fomos cear ao HAWTHORN café blues bar, onde compuxemos o poema e tomamos unhas tapas, entre elas unha tortilla de patacas, que non estaba moi apetecible -agás para Paula-.
Durante a composición do poema pasámolo moi ben, e entre risas quedou un fermoso poema cun título moi suxestivo...
Ao final do recital, cando xa nos encontrabamos na saída, case todas as "argalleiras" da excursión fixo unha foto co fillo do escritor, o actor Martiño rivas, aínda que a Chelo lle parecera máis guapo o seu pai, Manuel Rivas.
Á saída do recital, fomos cear ao HAWTHORN café blues bar, onde compuxemos o poema e tomamos unhas tapas, entre elas unha tortilla de patacas, que non estaba moi apetecible -agás para Paula-.
Durante a composición do poema pasámolo moi ben, e entre risas quedou un fermoso poema cun título moi suxestivo...
O PROBLEMA DE
LAURA
Nunha noite sinalei unha
estrela ao azar
desexando que fora verán,
pero o escuro e frío novembro
amolábame o desexo.
O frío chegaba dende o fondo do
xardín,
e nada significaba nada.
Apareceu unha aurora boreal
simulando un pétalo de rosa.
Trevos inoportunos e aciagos
cubrían as noites,
que dende os cantís debuxaban figuras
de infinitos e profundos esteiros.
Grazas a estas singularidades,
a imparable ilusión,
que non pode medirse nun reloxo,
lembrábase nos antigos recordos.
No bico desexado, inesperado
e no soño de fantasía
que gardaba, como un segredo
dos seus prezados recordos,
nas misteriosas cartas
cheas de angustia.
A sorte virárase na miña contra
ata nas reflexivas expedicións
das viaxes da miña imaxinación,
nos paraísos inalcanzables
onde as gaivotas sobrevoaban
por riba das estrelas.
A ignorancia avanzaba ata límites insospeitados
onde non chegaba a luz,
esa secreta luz
que convertía a nada en todo:
os desexos en realidade,
o repentino en tardío,
porque o problema era Laura.
O afastado silencio
descubría o cadáver,
que,quizais,
estaba a crear mugre
sobre o corpo dos meus mestres.
Argalleiros e
argalleiras das letras, Madrid, 2012
Despois da cea fomos para o hotel e, de camiño, algúns pararon nun Mcdonals para completar a cea. ( Como diría Manuel: "As cousas como son, pero esta cea foi unha estafa").
No hotel non descansamos moito, pero pasámolo ben, que é o importante.
Ao día seguinte, almorzamos no hotel e dirixímonos - a pé- a ver todos os monumentos que levaban as profes sinalados nun plano. Eramos nós os que tiñamos que dar con eles e por iso demos algunhas voltiñas innecesarias, pero chegamos e vimos: o Palacio de Oriente, O Congreso dos Deputados, a Porta do Sol, a Praza de España... Mentres camiñabamos por Madrid, paramos, unha vez máis, nun starbucks para coller uns cafés.
Antes de xantar tivemos algún tempo "libre" para ir de compras por unha concorrida de Madrid.
Á hora de xantar separámonos en grupos e fomos a diferentes restaurantes.
Despois dirixímonos ao hotel para recoller as maletas e coller o autobús para poñer rumbo Ás Pontes.
Xa no instituto seguimos co traballo deste día. Agora tocaba ilustrar o poema. Grazas ás nosas compañeiras e artistas, Andrea Castro, 4º ESO e Lucía Calvo, 1ºBAC, podemos dar por rematado este día do libro e presumir do resultado final.
Silvia Anca, 4ºESO
No hay comentarios:
Publicar un comentario