Mostrando entradas con la etiqueta Audiolibros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Audiolibros. Mostrar todas las entradas

lunes, 15 de enero de 2018

Audiolibros Mª Victoria Moreno

O día das letras galegas do ano 2018 está dedicado a Mª VICTORIA MORENO.  Xa imaxinades que @s argalleir@s das letras puxémonos mans á obra dende o inicio de curso, non si?
Deixámosvos coas lecturas coas que decidimos comezar: Leonardo e os fontaneiros, Onde o aire non era brisa e Guedellas de seda e liño, xa que temos pensado que esta autora, que amosou un amor por Galicia e pola súa lingua como ninguén, nos acompañe o Día do libro coa súa obra Anágnorise. Pero esa será outra historia...
Agradecemos, un ano máis, a colaboración da argalleira Cristina Souto ( 4ºESO) que realizou a imaxe que recorda a Mª Victoria.

Comezamos achegándovos a lectura de Leonardo e os fontaneiros. E como di Mª Victoria Moreno nas palabras que dirixe Ó LECTOR: " Fai o que queiras, amigo, pero le o libro, que para iso o escribo. E que che preste". Pois nós desexamos que vos presten os nosos audios.

 Título, prólogo e capítulosI,II ponlles voz a argalleira, Laura Otero. 



Xan Paz ponlles voz aos capítulos, III, IV, V.



Sara Basoa le o Capítulo VI



Sabela Rodríguez continúa a lectura co capítulo VII.



Silvia Casás le o capítulo VIII.


Jessica Leira pon voz ao capítulo IX.



Sofía Ramos ponlles voz aos capítulos X, XI, XII, XIII.



Alba Rivera continúa coa lectura dos capítulos: XIV, XV, XVI, XVII.


Adela Rodríguez ponlles voz aos capítulos: XVIII, XIX, XX, XXI.


Sheila Saavedra le os capítulos: XXII, XXIII, XXIV, XXV.


Antonio Silvén pon voz aos últimos capítulos XXVI e XXVII.



Logo de escoitar os nosos audios, dariádesvos conta que eliximos ler a obra dun dos xeitos que recomendou Mª Victoria Moreno nas palabras que lle dixirixiu Ó LECTOR:  "Se es persoa de paciencia e non che importa dedicarlle un tempiño a esta novela, pódela ler como se len normalmente os libros, comezando na páxina 9  e remantando na última". Aínda que, ás veces, non puidemos resistirnos a ler as palabras tan fermosas que nos levarían a  outra páxina. 
Agardamos que gocedes da lectura desta obra e que saibades que volvemos repetir ( agardamos que alguén nos escoite....) que ler para os demais é un traballo moi duro, aínda que cada vez nos vaia gustando máis  ( a algúns ou algunhas máis ca outros e outras...).

A seguinte obra que lemos foi:  Onde o aire non era brisa . 
Alicia Cao, Carmela Domínguez, Xavier Gabeiras, Álvaro García, Aarón García, Vicente Iglesias, Noa Jarel, Carmén López e Santiago Morales fomos @s argalleir@s encargad@s da súa lectura. Nós coñeciamos o que acontecía en Alcores de Donalvar, da existencia de Elena, Fernando, Santiago, da Guetiña... do rápido... Sabiamos tantas cousas... Por iso, nas reunións dos clubs de lectura, compartirémolas con tod@s @s argalleir@s das letras. RECOMENDAMOS A SÚA ESCOITA.   

Agora deixámosvos co audio e,  que vos preste!, como diría Mª Victoria Moreno. 



A seguinte obra, á que lle puxemos voz @s argalleir@s, de Mª Victoria Moreno foi a  novela Guedellas de seda e liño. 
Cando comezamos a súa lectura sorprendeunos a dedicatoria que fai a autora ( Xa imaxinades o motivo, non si?).
"Para o meu mestre don Rafael Lapesa,
que gañou con palabras e para as palabras
o meu corazón. 
Para os meus alumnos, que sempre
encheron de luz a miña vida. "

Aquí van as súas palabras nas nosas voces. 
Icía Basanta inicia a lectura da novela e le: " Barlovento a sotavento" e "Historias vellas". 



Carla Basoa ponlles voz a: " A casa de cristal", " O amor verdadeiro" e " Vodas de flores"



Noa Jarel le: " A nena que trouxeron as fadas".



Xavier Gabeiras pon voz a  " Guedellas de seda branca".



Borja Pita le " Galanos de namorados".


Laura Bellas ponlles voz a: " Un galano empezoñado", " A vida das raíñas" e " Nos niños de antano".



Uxía Bouza achega na súa voz " Un fío de Láquese", " Un valse de Chopin" e " Baixo as candeas fragrantes". 



E Elvira Castro pon fin á novela lendo: " Os outros reinos", " Así cantan os reiseñores" e " Bolboretas brancas no mar". 



Agardamos vos gustase escoitar as palabras de Mª Victoria nas nosas voces.
Pronto volveremos.
O día do libro celebrámolo en Barcelona e levamos de compañeira de viaxe a alguén moi especial: Mª Victoria Moreno coa súa novela, Anagnórise. 
Aquí vos deixamos coa gravación da lectura continuada que realizamos.


domingo, 17 de diciembre de 2017

AUDIOLIBROS DOS ARGALLEIR@S

Boas a todos e a todas.!
Deixámosvos co primeiro audiolibro que realizamos este curso (2017/2018) @s argalleir@s das letras. Lembrámosvos que as lecturas que realizaremos este ano no club de narrativa, seguirán as recomendacións dos "Argalleiros e Argalleiras de honra".
Aquí está a lectura que nos recomendou Begoña Martín: El señor Ibrahim y las flores del corán de Eric- Emmanuel Schmitt.
Agardamos que desculpedes todo aquilo que vos impida seguir a audición da lectura do xeito máis pracenteiro que imaxinarades, pero que saibades que gravamos en directo, e sen ningún corte, no tempo que compartimos de lecturas no club. 
Bo proveito!



@s argalleir@s das letras celebramos o último encontro do club de lectura do 2017 lendo unha obra que non estaba prevista. Foi unha sorpresa das profes, pero unha sorpresa, sorpresa, porque nos deixou a tod@s??? Elas sempre andan argallando e agasalláronnos con Los elefantes nunca olvidan de Christiane Pieper e  Anushka Ravishankar. 
Lembrade que foi unha lectura de súpeto, pero a argalleira Sara Basoa realizouna de marabilla. Escoitádea e pensade que non abrimos a derradeira páxina do libro. 

Que decidistes vós, ser elefante ou búfalo?

Boas a tod@s! @s argalleir@s comezamos coa lectura da obra: Itinerario do botellón do autor X. L. Graña (argalleiro de honra), e queremos compartir con vós este comezo, porque tedes que saber que non vos  é nada fácil distribuír os papeis que teremos que ler entre tod@s os que somos. Menos mal que algúns e algunhas argalleiras se preocuparon diso uns días antes, xa que en 20 minutos que dura o recreo...  Nunca nos atreveramos a realizar un audiolibro dunha obra teatral.... Pero como somos así, aquí vos deixamos co inicio da obra do "Argalleiro de honra", X. L. Graña.


Na segunda sesión do club de lectura, @s argalleir@s continuamos coa obra de X. L. Graña, Itinerario do botellón. Nesta sesión, o tempo de lectura foi menos porque tivemos que distribuír os papeis para poñerlle voz ao texto.
Este mércores comezamos comentado o lido anteriormente e logo comezamos a lectura:

Aquí vos deixamos a cuarta sesión da lectura

Na 5º sesión da obra de X. L. Graña, as novas voces d@s argalleir@s amosaron un pouco de nerviosismo, pero, como estabamos tod@s aí, saíu adiante.


Aquí vos deixamos a sexta sesión da obra Itinerario do botellón.


Xa podedes escoitar a sétima sesión de Itinerario do botellón.



Este mércores rematamos a lectura da obra de X. L. Graña, Itinerario do botellón. Aquí vos deixamos coa gravación.


Nesta sesión do club comezamos coa lectura recomendada pola " Argalleira de honra", e " querida profe", Efigenia Maseda. Cando nos visitou convenceunos de ler: El príncipe de Tarsis  escrita por  Antonio Sánchez - Escalonilla e hoxe comezamos, lembrándonos de Efi xa dende as primeiras páxinas. Ela  sabe o porqué.
Notaredes que houbo un momento da lectura na que dubidamos á hora de ler: " Posiblemente algunos conversación con ninguno". Ao rematar a sesión comentamos este feito.


Aquí volvemos, aínda que sempre estivemos onde tiñamos que estar nos recreos. Xa sabedes que a actividade do Día do Libro lévanos tempo e por iso non puidemos subir as lecturas que realizamos nas nosas xuntanzas. Temos que dicir que, como somos conscientes do tempo que resta para finalizar o curso, decidimos deixar a lectura comezada de El príncipe de Tarsis porque sabiamos que non seriamos capaces de rematala e comezar con algo de poesía. Xa era hora! Lembrámosvos que a recomendación do " argalleiro de honra", Héctor Cajaraville foi: Terraza de Fran Alonso. E decidimos poñernos con ela. 
Aquí vai o inicio de Terraza coa lectura das dedicatorias e os tres primeiros poemas, xa que a poesía, como todo, precisa dun tempo para comentar. 

O seguinte mércores continuamos coa lectura dos tres poemas seguintes:


E aquí estivemos hoxe lendo outros poucos poemas para logo comentalos.

O día 6 de xuño continuamos poñéndolles voz aos poemas de Terraza de Fran Alonso.

E tocaba rematar a lectura de Fran Alonso, Terraza e así o fixemos na última sesión do club deste curso.
Aquí vos deixamos coa lectura dos tres últimos poemas: " Ignoro a que dimensión", " Das árbores do parque" e " Un home cun maletín".


Boas lecturas e reparadores mergullos en cada páxina dos libros que vos acompañen durante as vacacións tan merecidas.
Ata o curso que vén!!!

martes, 20 de junio de 2017

LEMOS POR E PARA VÓS a Antoloxía poética das árbores celtas

Moitas grazas a todas as persoas que nos axudastes a levar a cabo o proxecto “Lemos por e para vós”.
Este foi un traballo arduo, laborioso, cansino, devastador..., á par que moi gratificante xa que nos abriu os ollos a como son as persoas. Comezamos entusiasmados elixindo a famosos que nós admirabamos e desexabamos que colaborasen con nós nesta nova aventura, pero... moitos; nin contestaron, outros; enganáronnos comprometéndose para ao final nunca cumprir... 
Agora ben, agradecemos a todos, os que dende hoxe serán sempre argalleiros e argalleiras das letras, o seu compromiso con nós dende o inicio, porque nos amosaron que a verdadeira fama é a humildade. Tamén están connosco os que quixeron axudarnos, pero as circunstancias impedíronllelo. 

miércoles, 29 de marzo de 2017

Audiolibros de Carlos Casares

 @s argalleir@s das letras lembramos a Carlos Casares poñéndolle voz á súa obra. 
Como xa sabedes no club de lectura comezamos lendo a peza teatral a Laranxa máis laranxa de todas as laranxas, que nos gustou moito e nos fixo pasar momentos moi divertidos. Logo pensamos que estaría ben poñerlles voz a algunhas das obras do autor. ( Se fose agora.... NUNCA PENSAMOS QUE FORA TAN DIFÍCIL LER PARA QUE OUTRAS PERSOAS POIDAN GOZAR DAS OBRAS!!!). Aquí estamos tod@s @s argalleir@s facendo o que podemos. 
Antes de deixarvos cos nosos audiolibros queremos agradecerlle á nosa compañeira, Cristina Souto, o debuxo tan bonito que fixo de Carlos Casares. Grazas, CRIS. 
Que gocedes da obra de Carlos Casares!

lunes, 9 de enero de 2017

COMPARTIMOS AS NOSAS LECTURAS

Moi boas a todos e a todas!
 Nesta entrada iremos deixando as lecturas que realizamos das obras que máis nos gustaron para que todas as persoas poidades gozar delas.
Comezamos con ánimo pero no camiño fomos dándonos conta de que é moi difícil ler para os mais. De todos os xeitos imos conseguindo o noso obxectivo: poñerlle voz a obras para achegárllelas ao maior número de persoas.
Se queredes axudarnos nesta tarefa sabedes que podedes enviarnos o voso arquivo para que o incorporemos a esta sección. 
Como dicimos @s argalleir@s das letras: " LER É UN PRACER, COMPARTILO COS DEMAIS UNHA AVENTURA!"
Que gocedes!
Son Sabela Rodríguez, curso 2ºESO e elixín Bolboretas de Xabier P. Docampo, ilustrado por Xosé Cobas.

miércoles, 27 de abril de 2016

LEMBRANDO A MANUEL MARÍA

O alumnado de 4ºESO pon voz aos poemas de Terra Chá de Manuel María.


Grazas Mario Vérez polo retrato que fixeches do autor. UN XENIO DEBUXA A OUTRO XENIO.
Dedicatoria


viernes, 18 de marzo de 2016

jueves, 3 de marzo de 2016