Mostrando entradas con la etiqueta Día das Letras Galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día das Letras Galegas. Mostrar todas las entradas

domingo, 17 de mayo de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020


17 DE MAIO DE 2020
DÍA DAS LETRAS GALEGAS   
RICARDO CARBALLO (CARVALHO) CALERO 



Estimado alumnado do IES Plurilingüe Castro da Uz:
Antes de nada, desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, desde o Club de Lectura Argalleiros e Argalleiras das Letras e desde o Departamento de Lingua Galega e Literatura queremos agradecervos a ampla participación nesta proposta nosa. Son uns traballos magníficos, que vos fixeron saír da vosa zona confortable para demostrarnos unha fantástica creatividade.
Todas as actividades presenciais que tiñamos previstas para conmemorar ese día víronse adiadas ou suprimidas e, cavilando a maneira de celebrar esa efeméride e a das Letras Galegas en xeral, ocorréusenos unha argallada relacionada coas TIC, esas tecnoloxías da información que estamos a descubrir e das que temos que botar man para o desenvolvemento do noso labor como docentes e das que estamos aprendendo moito coa vosa axuda inestimable.
A argallada, como vistes, consistiu nun Booktrailer sobre un libro de lectura, do que estabades a ler ou dun que tivésedes a man. E claro... que era iso do booktrailer? Pois un vídeo con música, imaxes, texto e, por veces, mesmo actores que lles dan aos futuros lectores unha idea do que é un libro, co obxectivo de animalos á súa lectura.
Pretendiamos desta maneira, tamén, que reflexionásedes sobre as lecturas e que ao tempo sintetizarades os argumentos para intentar reflectir visualmente unha historia e animar á súa lectura.

BOOK TRAILERS Día das Letras Galegas

Aquí vos deixamos a ligazón aos vosos Book Trailers.

Moitísimas grazas pola vosa dedicación e creatividade!!!

Dexexamos que gocedes con estas pequenas obras de arte.



Ligazón Book Trailers


domingo, 19 de mayo de 2019

ANTÓN FRAGUAS. DIA DAS LETRAS GALEGAS

Para comemorar o día das letras galegas, os argalleiros das letras limos o libro de Héctor Cajaraville titulado ''Antonio Fraguas O bo mestre, o mestre bo''.

Aquí deixamos unha mostra das lecturas compartidas que fixo o alumnado que forma parte do club de lectura:



martes, 15 de mayo de 2018

CÓMIC DE Mª VICTORIA MORENO

Estas son as palabras que Cristina Souto ( 4ºESO) escribiu para acompañar o cómic que debuxou e  reflicte -dende a súa visión de artista-  a vida de Mª Victoria Moreno.

Imaxina unha melodía sen son ou sorrirlle a alguén que non che devolva o aceno de complicidade. 
Todos e todas sabemos que a vida sen amor semella un conto sen fadas. Así foi a vida de María Victoria ata que chegou aquí, a Galicia. Para coñecer a quen...? 
A unha lingua que abrazou como propia, a unha lingua que foi o seu verdadeiro amor. 

Deixámosvos co cómic que deseñou Cris. 




lunes, 15 de enero de 2018

Audiolibros Mª Victoria Moreno

O día das letras galegas do ano 2018 está dedicado a Mª VICTORIA MORENO.  Xa imaxinades que @s argalleir@s das letras puxémonos mans á obra dende o inicio de curso, non si?
Deixámosvos coas lecturas coas que decidimos comezar: Leonardo e os fontaneiros, Onde o aire non era brisa e Guedellas de seda e liño, xa que temos pensado que esta autora, que amosou un amor por Galicia e pola súa lingua como ninguén, nos acompañe o Día do libro coa súa obra Anágnorise. Pero esa será outra historia...
Agradecemos, un ano máis, a colaboración da argalleira Cristina Souto ( 4ºESO) que realizou a imaxe que recorda a Mª Victoria.

Comezamos achegándovos a lectura de Leonardo e os fontaneiros. E como di Mª Victoria Moreno nas palabras que dirixe Ó LECTOR: " Fai o que queiras, amigo, pero le o libro, que para iso o escribo. E que che preste". Pois nós desexamos que vos presten os nosos audios.

 Título, prólogo e capítulosI,II ponlles voz a argalleira, Laura Otero. 



Xan Paz ponlles voz aos capítulos, III, IV, V.



Sara Basoa le o Capítulo VI



Sabela Rodríguez continúa a lectura co capítulo VII.



Silvia Casás le o capítulo VIII.


Jessica Leira pon voz ao capítulo IX.



Sofía Ramos ponlles voz aos capítulos X, XI, XII, XIII.



Alba Rivera continúa coa lectura dos capítulos: XIV, XV, XVI, XVII.


Adela Rodríguez ponlles voz aos capítulos: XVIII, XIX, XX, XXI.


Sheila Saavedra le os capítulos: XXII, XXIII, XXIV, XXV.


Antonio Silvén pon voz aos últimos capítulos XXVI e XXVII.



Logo de escoitar os nosos audios, dariádesvos conta que eliximos ler a obra dun dos xeitos que recomendou Mª Victoria Moreno nas palabras que lle dixirixiu Ó LECTOR:  "Se es persoa de paciencia e non che importa dedicarlle un tempiño a esta novela, pódela ler como se len normalmente os libros, comezando na páxina 9  e remantando na última". Aínda que, ás veces, non puidemos resistirnos a ler as palabras tan fermosas que nos levarían a  outra páxina. 
Agardamos que gocedes da lectura desta obra e que saibades que volvemos repetir ( agardamos que alguén nos escoite....) que ler para os demais é un traballo moi duro, aínda que cada vez nos vaia gustando máis  ( a algúns ou algunhas máis ca outros e outras...).

A seguinte obra que lemos foi:  Onde o aire non era brisa 
Alicia Cao, Carmela Domínguez, Xavier Gabeiras, Álvaro García, Aarón García, Vicente Iglesias, Noa Jarel, Carmén López e Santiago Morales fomos @s argalleir@s encargad@s da súa lectura. Nós coñeciamos o que acontecía en Alcores de Donalvar, da existencia de Elena, Fernando, Santiago, da Guetiña... do rápido... Sabiamos tantas cousas... Por iso, nas reunións dos clubs de lectura, compartirémolas con tod@s @s argalleir@s das letras. RECOMENDAMOS A SÚA ESCOITA.   

Agora deixámosvos co audio e,  que vos preste!, como diría Mª Victoria Moreno. 



A seguinte obra, á que lle puxemos voz @s argalleir@s, de Mª Victoria Moreno foi a  novela Guedellas de seda e liño
Cando comezamos a súa lectura sorprendeunos a dedicatoria que fai a autora ( Xa imaxinades o motivo, non si?).
"Para o meu mestre don Rafael Lapesa,
que gañou con palabras e para as palabras
o meu corazón. 
Para os meus alumnos, que sempre
encheron de luz a miña vida. "

Aquí van as súas palabras nas nosas voces. 
Icía Basanta inicia a lectura da novela e le: " Barlovento a sotavento" e "Historias vellas". 



Carla Basoa ponlles voz a: " A casa de cristal", " O amor verdadeiro" e " Vodas de flores"



Noa Jarel le: " A nena que trouxeron as fadas".



Xavier Gabeiras pon voz a  " Guedellas de seda branca".



Borja Pita le " Galanos de namorados".


Laura Bellas ponlles voz a: " Un galano empezoñado", " A vida das raíñas" e " Nos niños de antano".



Uxía Bouza achega na súa voz " Un fío de Láquese", " Un valse de Chopin" e " Baixo as candeas fragrantes". 



E Elvira Castro pon fin á novela lendo: " Os outros reinos", " Así cantan os reiseñores" e " Bolboretas brancas no mar". 



Agardamos vos gustase escoitar as palabras de Mª Victoria nas nosas voces.
Pronto volveremos.
O día do libro celebrámolo en Barcelona e levamos de compañeira de viaxe a alguén moi especial: Mª Victoria Moreno coa súa novela, Anagnórise. 
Aquí vos deixamos coa gravación da lectura continuada que realizamos.