Mostrando entradas con la etiqueta Creacións propias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Creacións propias. Mostrar todas las entradas

domingo, 16 de febrero de 2020

Día Internacional da muller e da nena na Ciencia 2020

O martes  11 de febreiro, conmemorouse o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.  Ao longo de toda a semana  participamos en actividades que axudan a:
- Visibilizar o traballo das científicas
- Crear roles femininos nos ámbitos da ciencia e a enxeñería
- Promover prácticas que favorezan a igualdade de xénero no ámbito científico.



Da man de Elena, profe de Física e Química, fixemos un bo traballo de investigación e descubrimos que unha gran cantidade de mulleres foron pioneiras no mundo da ciencia, atopando importantes referentes femininos.


Presentámosvos algúns exemplos das mulleres que descubrimos esta semana e que foron fundamentais na ciencia ao longo da historia.































domingo, 15 de diciembre de 2019

CHANZOS FALADEIROS: IMOS VER COMO QUEDARON!!!!

Como xa vos contamos, a nosa idea era decorar os chanzos do noso insti con frases que reflictiran as ideas que foron xurdindo ante unha pregunta moi sinxela "Que podo facer eu para cuidar o meu planeta?" 





A pregunta era sinxela, pero as respostas houbo que meditalas ben, posto que se trataba de ofrecer ideas que poidésemos levar a cabo no día a día.

Despois de seleccionar as propostas de toda a comunidade educativa, decidimos dar un paso máis e, posto que somos un centro plurilingüe, traballamos a tradución das mesmas ao Inglés e o Francés. 



O resultado, como podedes ver son chanzos que falan tres idiomas e que nos dan bos consellos sobre como actuar nas nosas casas, no noso insti, na nosa vila...








lunes, 25 de noviembre de 2019

Chanzos Faladeiros


As argalleiras e argalleiros das letras comezamos o curso lendo, como non podía ser doutro modo. Este ano somos tantos os membros do club que tivemos que dividirnos en grupos, pois a biblioteca se nos queda pequena para acoller a todo o alumnado que quere participar da maxia da lectura.

Pero como o club é moito máis... comezamos cun proxecto no que reflexionamos sobre o noso papel como actores e actrices principais na loita polo cuidado do medioambiente. A pregunta é sinxela “Que podo facer eu para cuidar o meu planeta?” . A resposta non é tan doada, tratábase de pensar en pequenos xestos diarios que axuden no cuidado deste planeta, posto que non temos recambio para el.

Ao principio non se nos ocurrían grandes ideas “Eu non tiro plásticos ao mar”, “Se o planeta queres cuidar, todo xuntos temos que traballar”,..., pero con este tipo de compromisos non imos chegar moi lonxe. Foi preciso centrarse e estruxar un pouco o cerebro... Pouco a pouco foron xurdindo varias ideas máis asumibles e que tod@s podemos poñer en práctica. Timidamente ían aparecendo novas propostas no buzón que se ubicou no hall do insti. Aquí tedes algunhas mostras das aportacións rexistradas:







A continuación realizouse unha tarefa de selección, coa colaboración de varias profes, Patricia (Francés), Sofía e Flora (Inglés) e María (Galego). Decidiron, con bo criterio que, como estamos nun centro plurilingüe, poderiamos escribir as frases escollidas alternando os tres idiomas, polo que tras a selección inicial, as 16 frases seleccionadas para os 16 chanzos faladeiros son as seguintes:

•         I switch off the lights if it isn´t necessary.
•         I use cloth bags instead of plastic bags.
•         I reuse paper
•         I buy and sell second-hand stuff on Wallapop.
•         I switch off electric devices which I am not using.

•         JE ME DOUCHE, JE NE ME BAIGNE PAS.
•         JE CLASSIFIE ET RECYCLE LES ORDURES.
•         J’ACHÈTE LES PRODUITS DE MA RÉGION.
•         J’UTILISE DES LAMPES ÉCOLOGIQUES.
•         J’UTILISE DES APPAREILS ÉLECTROMÉNAGERS EFFICACES.

•         Pecho a billa cando non preciso a auga
•         Vai ao insti en bici ou andando, acaso non ves que estás contaminando!!!
•         As botellas de plastic son máis baratas, pero os cartos non mercan a saúde!
•         Encho lavadora e lavalouzas antes de poñelos a funcionar
•         Non tiro cousas ao chan
•         Os alimentos mellor a granel, non envasados

Agora só queda ver o resultado final, unha vez colocadas as nosas propostas nos chanzos das escaleiras do hall... xa volas ensinaremos


miércoles, 30 de octubre de 2019

SAMAIN. RELATOS TERRORÍFICOS...

Non podiamos pasar sen celebrar o Samaín.

Ademais de cestas e cabazas decoradas para a ocasión...


...puidemos darlle aos miolos para escribir TERRORÍFICOS RELATOS CURTOS, que meteron nun apreto ao xurado dada a boa calidade dos mesmos.



domingo, 25 de noviembre de 2018

TAQUILLAS DEDICADAS

Este ano estreamos "taquillas" no instituto, e decidimos identificalas co nome de escritores, personaxes do mundo da cultura e da ciencia.

miércoles, 11 de abril de 2018

PARA TI II

Dixemos que pronto teriades novas nosas, así que aquí estamos. 
Agardamos que lerades a nosa última creación, Para ti. Levounos moito tempo recompilar todas as dedicatorias para logo ordenalas e achegárvolas en forma de libro, pero, cremos,  pagou a pena. Agora estamos no momento máis importante e emocionante para nós. Queremos poñernos en contacto cos e coas autores e autoras das dedicatorias que máis nos gustaron, pero xurdiu un pequeno problema. Como o faremos? Lembramos a última experiencia e sabemos que foi moi  custosa para todos e todas... Logo de consensuar o xeito de contactar, decidimos darnos a coñecer e saber se, dende o "anonimato", @s autor@s nos responderán. 
Tivemos que investigar o contacto d@s escritor@s e démonos conta de que moitos empregan redes sociais, pois alá imos @s argalleir@s das letras. 
Non nos quedou máis remedio que crear unha conta de correo  e darnos de alta nas redes sociais twitter e facebook para contactar con eles e elas.
Será certo que cando vexan o enderezo argalleirxsdasletras@gmail.com responderán a esta mensaxe?
( Como eliximos autor@s que escribían en diferentes linguas, traducimos o texto que lle faremos chegar).

PARA TI

Neste curso @s argalleir@s das letras seguimos tan atarefad@s coma sempre. Imaxinades que foi para mergullarnos en novas aventuras e compartilas con todos e todas vós, non si?
Pois non se nos ocorreu mellor idea que recompilar todas as dedicatorias dos libros que temos na nosa biblioteca para amosar que @s b@s lector@s non deben saltar ningunha páxina, porque dende o momento que abrimos o libro comeza a viaxe.   
Como se nos veu esta idea á cabeza? Que día comezamos esta nova aventura? De que xeito distribuimos os grupos e os fondos da biblioteca? Como argallamos para traballar conxuntamente? Que iamos facer ao final? 
Preguntas ás que vós, lectores e lectoras, deberedes dar resposta ao ver o resultado final. 
Hai uns días rematamos o novo libro que titulamos, Para ti. 
E aí van as dedicatorias que o comezan:


A todos aqueles autores e autoras que dedican os seus libros.

A todos aqueles lectores e lectoras
 que non comezan o libro polo primeiro capítulo.

@S AUTOR@S

Agora deixámosvos coa recompilación realizada para que vos mergulledes nos tesouros que agochan as dedicatorias. 

 

Para ti de radiorasca

O seguinte paso foi elixir a dedicatoria que máis nos gustara a cada argalleir@ para poñernos en contacto co autor e autora e formularlle unha serie de preguntas.
Pronto volveremos.

 

miércoles, 21 de abril de 2010

Viaxe a Porto

Día do Libro
O Club de Lectura e algúns alumnos e alumnas máis marchamos a Porto, mañá xoves 22 de abril para celebrar o día do libro (23 abril) facendo unha lectura continuada na librería "Lello e irmao". Iremos cos nosos compañeiros do CPI Castro Baxoi de Miño.


martes, 24 de noviembre de 2009

Non á violencia de xénero


Día contra a violencia de xénero: 25 de novembro.
Durante a semana do 23 ao 27 de novembro realizamos unha serie de actividades para solidarizarnos coas mulleres maltratadas e mostrar o noso rexeitamento cara estas actitudes tan crueis.

Durante os recreos da semana RADIO RAS achegará información sobre o tema: lectura de poemas compostos polo alumnado de 1ºBAC, manifesto redactado polo curso de 3ºESO, frases relacionadas, selección de música... Na biblioteca proxectaranse vídeos que traten este tema...

Ilustración de Lucía Calvo 3º ESO