Mostrando entradas con la etiqueta Día dos namorados. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día dos namorados. Mostrar todas las entradas

miércoles, 7 de febrero de 2018

FEBREIRO, MES DOS SENTIMENTOS

O día 8 de febreiro foi un día branco, moi, moi branco e frío, pero @s argalleir@s soubemos darlle calor cos nosos risos e o noso traballo. 
Como sabedes, este mes vimos dedicándollo a compartir sentimentos e, por se algún destes estaba conxelado, decidimos arrincar motores: rosas, tarxetas, microrrelatos, elección da "PARELLA IDEAL DO CASTRO"...

martes, 14 de febrero de 2017

QUERO COMPARTIR...

Se vos preguntamos por un día que lembredes do mes de febreiro, seguro que a maioría pensaría no día 14 ( día de San Valentín) , aínda que outros e outras  responderían o día 24 ou calquera outro día. Pero o que moitos e moitas de nós non sabiamos era que o día 2 de febreiro se celebra a festa da Candeloria. Comezamos a investigar e coñecemos que esta celebración está relacionada cos celtas. Esta cultura celebraba nesta data a chegada da luz, porque o día ía gañando á noite, significaba o espertar, o renacer dos campos que podían ir preparándose xa para sementar, os mariñeiros dispoñíanse para volver saír ao mar, os paxariños xuntábanse... En fin, que volvía a vida. Seica tiñan o costume de acender unhas candeas en cada casa para celebrar a chegada da LUZ, de aí o nome de Candeloria. Se queredes saber máis sobre esta celebración podedes seguir lendo aquí.