Edición en álbum da historia abeirada á ciencia ficción de pinceladas épicas dada a coñecer por entregas na revista xuvenil Galimatías, creada polo escritor e produtor americano David DiGilio e acompañada do forte estilo do novo debuxante galego Álex Cal (Vigo, 1985). O escenario escollido é un planeta Terra destruído e desolado, a onde o vento do norte trouxo un inverno sen fin. Os poucos sobreviventes resisten refuxiados nas grandes cidades conxeladas, nas que a vida é unha loita continua na procura da calor. Os habitantes de Lost Angeles deben aturar a tiranía implacable de Matachín Joe e mais da súa banda de necrófagos. Mais entre os proscritos hai un rapaz afouto, Pak, a quen as circunstancias lle aprenden cedo o significado do sufrimento e que co tempo será o encargado de levar a cabo a súa vinganza. Será daquela cando xurda a posibilidade dunha nova vida
jueves, 11 de noviembre de 2010
Vento do norte.
Vento do norte foi o cómic elixido polos argalleiros e argalleiras II para comezar a nosa andaina.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Carmen: ( 1º ESO) Gustoume moito o libro, pero o final paréceme un pouco triste e malo porque despois de loitar toda a vida e formar un futuro mellor, o peleteiro morre. Pareceume moi bonito o que dixo ao final a nai do seu fillo:" E esa é a historia do teu pai e de como nos aprendeu a vivir coa forza do vento do norte". O que menos me gustaba do libro era o Matachín porque lle mentiu o seu fiel amigo Lobo e logo cortoulle o brazo. tamén me pareceu moi mal que este quixera matar o peleteiro.
Por desgraza, as mentiras e ver alguén que se cre superior, como se ilustra no libro, é verdade no mundo que vivimos e eso eu non o quero.
Lucía(1º ESO): eu creo que non debería morrer o pobre peleteiro, xa que construiu un bo futuro para os supervivintes da explosión de Lost Angeles e el mesmo non puido disfrutalo. Gústame a imaxe do final porque se demostra que o fillo del e Schuyler está a mentalizarse de que o seu pai foi a mellor persoa que ninguén puidese coñecer. Neste libro demóstrase o valor da amizade e do racistas que podemos ser os humanos, como os necrófagos, que expulsaban os proscritos dos seus lares.
Natalia (1º ESO): Este cómic gustoume aínda que o final me pareceu un pouco triste. A maneira na que o peleteiro aprendeu a loitar e a sobrevivir sorprendeume.
Deste conto aprendín que cando un mundo sofre, por moi simple que sexa a pena, a xente preocúpase só por ela e pola súa familia pero non polo grupo excepto Pak que ten outra visión sobre o futuro do planeta.
Publicar un comentario