Nestes días de confinamento, a mellor opción é un bo libro para facer voar a imaxinación.
Este curso non puidemos realizar a nosa tradicional viaxe para celebrar o Día do Libro, pero os argalleiros e argalleiras das letras encontraron a mellor compañía mergullándose nas súas lecturas e deixándonos estas fermosas fotos!!!
Este ano non nos importou acurtar as
vacacións de Semana Santa, porque nos podía máis a ilusión de comezar a
nosa primeira aventura e andanza compartindo a actividade que, @s nos@s
compañeir@s -e agora ademais AMIG@S-, @s argalleir@s das letras veñen
realizando dende hai moitos anos para celebrar o DÍA DO LIBRO, e
demostrar o poder que ten a lectura.
Cando
subimos ao autobús en Lugo para reunirnos cos Argalleir@s das Pontes e
iniciar esta andanza, recoñecemos que nos sentiamos un pouco insegur@s e
nervios@s, xa que el@s levábannos moita vantaxe nesta actividade e nós
non tiñamos moita confianza como para pedirlles "axuda". O certo é que
só fixo falta chegar a León e comezar a coñecer esta cidade para ir
"socializando". Pouco a pouco iniciamos unha relación de compañeirismo
que culminaría nunha AMIZADE sincera e, agardamos, duradeira.
Tiñamos pensado realizar a lectura continuada de Enderezo descoñecido, Kressmann Taylor
na Plaza del Grano, pero a climatoloxía fíxolles pensar ás profes que
non era moi recomendable para a nosa saúde, xa que corriamos o risco de
quedar conxelad@s.
Decidiron solicitar unha sala de reunións no hotel no que nos hospedabamos, e así foi como comezamos o día 23 de abril.
Sentamos e escoitamos atentamente as recomendacións das profes,
lembrándonos a orde de lectura, a lingua na que leriamos ( a quen se lle
ocorrería a xenial idea de ler a obra en galego, castelán, inglés e
francés???), a elección da palabra, escribila nos dous lenzos para
finalizar a actividade que, este ano, nos sorprendería a tod@s?
Comezamos a lectura, e de catro en catro
iamos subindo ao escenario para ocupar os nosos lugares diante das
gravadoras e do micro. O inicio foi un pouco caótico, xa que nos
resultaba difícil seguir a lectura nas catro linguas, aínda que tiñamos
exemplares para facelo. Como era imprescindible asimilar a mensaxe da
obra, decidimos que, unha vez rematada a lectura entre tod@s, se relese
só nunha lingua. ASÍ O FIXEMOS. Imaxinades o tempo que nos levou?
Tiñamos
moitísima fame, pero sabiamos que aínda faltaba o traballo máis duro:
compoñer o poema. Pero saltou a SORPRESA! As profes decidiran seguir o
estilo do libro e compoñer, este ano, UN CABLEGRAMA coas palabras
elixidas. Tod@s comezamos a mirarnos, a preguntar: un que? Que é iso?
Logo das explicacións - que pouc@s ou ninguén entendeu- deixáronnos
tempo libre para comer e traer a tarefa feita: elaborar por grupos (
gran idea, porque aínda nos unimos máis) o cablegrama. Que sobremesa
vivimos!!!!!
Ás catro e media volvemos retomar o
traballo. Facer fixemos o que puidemos e compartimos c@s nos@s
compañeir@s os textos escritos. MEU DEUS! Cando falaron as profes,
démonos conta de que non entenderamos o que era un cablegrama, e que
"san google" non sempre axuda. Pero ao ver que Ana, Elena e Chelo
estaban orgullosas do noso esforzo, retomamos forzas para finalizar esta
andanza e argallada como se merece.
Mirade que contentiñ@s estabamos lendo OS TEXTOS QUE REDACTARAMOS:
Aquí vai un exemplo de texto - a modo de
CABLEGRAMA- que escribimos empregando "todas as palabras elixidas", e do
que estamos orgullos@s porque conta o que significou esta actividade
para nós:
A NOSA HISTORIA
Eses MOZOS
que comenzaron a súa HISTORIA sen moitos AMIGOS, sen moito ÉXITO,
de dúas VILAS diferentes, pero coas mesmas LINGUAS. Todos coas
súas VIDAS, coas súas FAMILIASFELICES. Tivemos MENSAXES
negativas e prexuízos sobre as outras PERSOAS aínda que foran DESCOÑECIDAS
e ESQUECÉRONSE de que os prexuízos pesaban QUILOS no seu CORAZÓN
e que as súas PALABRAS non tiñan PREZO. EU MESMO dinme de
conta de que cada vez nos pareciamos máis aos XUDEUS na época do NAZISMO
sen nengún tipo de CENSURA. E a DESESPERACIÓN por coñecerse fixo
que todos as PEZAS encaixaran e deixaramos a CRUELDADE de lado. E
esta é a nosa historia, a que explica como pasamos do ARREDISMO ao AGRADABLE
e LIBERAL sabor do compañeirismo, e de como puxemos as CARTAS
sobre a mesa. Durante demasiado tempo fomos IMPRUDENTES, pero grazas a DEUS,
INOPINADAMENTE comezamos AXIÑA a SENTIRNOS verdadeiros AMIGOS.
Os sentimentos PODEROSOS e a sensación de LIBERDADE fixeron que
estas PERSOAS esquecesen os MESES de EXPOSICIÓN ao SUFRIMENTO
polo ben da nosa SAÚDE, e foron FORNECENDO a nosa SENSIBILIDADE
e a nosa disposición e soubemos o CONMOVEDORA que era a RIQUEZA
da amizade e da ACCION LÍDER dos nosos actos. Cunha FULMINABLE
mirada que condicionaba a nosa EXISTENCIA con esta MISTERIOSAXENTE
que estaba tan CONTENTA e era tan GRANDE que terminaron XUNTAS.
Ao final fuximos da MISERIA.
Noa, Aroa B., Aroa Bl., Candela, Paula, Alba T. e Nerea
Lidos todos os textos, decidimos continuar o noso labor conxuntamente para conseguir o noso obxectivo: redactar o cablegrama coas palabras elixidas. Cremos que o conseguimos. Que opinades?
Aquí podedes escoitalo na voz de Aroa, en representación de tod@s:
Claro,
pensaredes que todo rematou. POIS NON! Agora toca a parte final.
Ilustrar o cablegrama no lenzo que temos para ese fin. Que debuxaremos?
Como sairá???? Pois aquí podedes ver o resultado:
Seguro que con todo este traballo, algún club de lectura quere unirse a nós para o seguinte curso. AQUÍ ESTAREMOS ESPERÁNDOVOS.
DÍA DO LIBRO, LEÓN 2019
Argalleir@s das letras e Lectura e andanzas recoméndanvos LER para poder gozar, compartir e argallar andanzas.
Este ano
“@s argalleir@s das letras” decidimos celebrar este día en Cáceres, aínda que
non só visitamos esta provincia, xa que tamén nos achegamos ata Mérida.
(Como pronto teredes unhas presentacións de todos os lugares que visitamos, agora só vos deixamos un pequeno anticipo.)
O día 20 chegamos tarde ao hotel de Cáceres e había que deitarse pronto para retomar forzas, xa que o día seguinte sería un día duro.
O día 21, pola mañá visitamos Mérida, pola tarde Trujillo e, da man de Cristina, coñecemos a historia do teatro, anfiteatro e moitas máis cousas destas cidades.
Por fin chegara o 21 de abril, ese día tan desexado por tod@s @s argalleir@s das letras!
Marchamos para Sevilla, lugar elixido para celebrar o día do libro e a nosa actividade.
Para algúns argalleir@s era a primeira vez que viaxaban en avión, pero estaban tranquilos porque as nosas profes (Cristina, Efi e Chelo) tiñan todo "controlado"...
O
21 de abril, ás 14,10h viñeron os nosos pais a traernos as maletas e a comida
dese día, xa que en lugar de saír ás 8,30h tivemos que saír despois de clase.
Comemos en 20 minutos e despois comezamos a nosa viaxe cara a Bilbao para coñecer a cidade e ler Silencio de Fran Alonso no centro municipal de San Francisco, ao lado do Mercado de la Ribera e da Ponte de San Antón. Lugar que nos brindou amablemente o noso amigo Ángel Lorente.
O 13 de abril foi un día completo. Comezamos visitando a casa de Otero Pedrayo en Trasalba, pero aínda faltaba o mellor: as termas e a representación da obra de teatro.
A viaxe a Madrid realizouse os días 23 e 24 de abril coincidindo co día do Libro. Saímos ás oite e media da mañá do Castro da uz e durante a viaxe de ida realizamos dúas paradas, a primeira de pouca duración nun hostal, e xa foi na segunda onde xantamos e tivemos bastante tempo para descansar.
Chegamos a Madrid sobre as tres da tarde, pero unha vez no hotel tivemos pequenos problemas, xa que houbo que volver organizar todos os cuartos por petición deles, e perdemos bastante tempo realizándoo, polo que nos quedou pouco tempo para deixar as cousas no cuarto e cambiarnos.
Este
ano os “Argalleiros e argalleiras das letras” fomos celebrar o Día do Libro a
Gijón.
Esta
vez, acompañáronnos algúns alumnos do
IES Moncho Valcarce, que querían compartir esta experiencia con nós.
O
día 22, tiñamos pensado saír das Pontes ás dúas e media, pero trouxeron o bus
equivocado, e por iso, saímos media hora máis tarde. Mentres que esperabamos, xantamos
e comentamos o desfile que os nosos compañeiros de 3ºESO fixeran no cine Alovi.
Este ano o destino levounos ata a cidade de Ourense ( vale, sabemos que tiñamos que ir a Madrid e gozar desas "tapas literarias", pero non puido ser. Outro ano será.) para realizar a actividade do día do libro. O xoves saímos das Pontes, despois das clases, dirección Miño para recoller os nosos compañeiros de viaxe do CPI Castro Baxoi e comezar esta nova aventura.
Este ano pensamos que estaría ben cambiar de aires para celebrar este día, e así llelo dixemos ás profes. Dito e feito. Inmediatamente pensaron na Vila do libro - Urueña-. Cando nos dixeron o nome non sabiamos onde quedaba, pero agora que sabemos o camiño e coñecemos a vila, aproveitamos para recomendarvos a súa visita. Esta actividade fixémola cos amigos e amigas de 4ºESO do CPI Castro Baxoi de Miño e non vexades o que nos gustou e o que gozamos lendo e conversando.