lunes, 27 de diciembre de 2010

RECOMENDACIÓNS PARA O NADAL

Como vedes hai de todo e para todos e todas.





ELIXIMOS O LOGO DOS OBRADOIROS LITERARIOS

Os argalleiros e argalleiras de 4ºESO deseñaron os seguintes logos para identificar ao seu-noso- club de lectura.



miércoles, 17 de noviembre de 2010

Rematamos Vento do norte

Ola, son Manuel, un dos cordinadores do club de lectura de cómic. Onte rematamos Vento do Norte. As primeiras sesións foron moi desordenadas, xa que somos moitos neste club e foi case imposible conseguir que todos os membros viñeran ás reunións "cos deberes feitos" debido á escaseza de exemplares.


jueves, 11 de noviembre de 2010

Vento do norte.

Vento do norte foi o cómic elixido polos argalleiros e argalleiras II para comezar a nosa andaina.

Edición en álbum da historia abeirada á ciencia ficción de pinceladas épicas dada a coñecer por entregas na revista xuvenil Galimatías, creada polo escritor e produtor americano David DiGilio e acompañada do forte estilo do novo debuxante galego Álex Cal (Vigo, 1985). O escenario escollido é un planeta Terra destruído e desolado, a onde o vento do norte trouxo un inverno sen fin. Os poucos sobreviventes resisten refuxiados nas grandes cidades conxeladas, nas que a vida é unha loita continua na procura da calor. Os habitantes de Lost Angeles deben aturar a tiranía implacable de Matachín Joe e mais da súa banda de necrófagos. Mais entre os proscritos hai un rapaz afouto, Pak, a quen as circunstancias lle aprenden cedo o significado do sufrimento e que co tempo será o encargado de levar a cabo a súa vinganza. Será daquela cando xurda a posibilidade dunha nova vida.



miércoles, 10 de noviembre de 2010

Quentando motores.

Na última reunión do club de lectura "sorprendemos"- grazas á "sorpresa" coa que fomos "sorprendidos" os asistentes aos III Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia- os argalleiros e argalleiras das letras coa proxección do vídeo no que Carlos Negro recitaba un poema da obra que estamos lendo e gozando.


Exposición no Mercado Vello

En outubro visitamos á exposición que se realizou no Mercado Vello da nosa vila sobre banda deseñada.



martes, 9 de noviembre de 2010

Makinaria

Os Argalleiros das letras I comezamos este ano con forza. Os "coordinadores" decidimos que o primeiro libro compartido fose de poesía (omitimos os comentarios que saíron da boca doutros argalleiros e argalleiras cando o tiveron nas súas mans, abrírono e viron: ¡VERSOS!).
É tempo de presentar o autor e, quen mellor ca el para facelo?Deixámosvos con Carlos Negro


domingo, 7 de noviembre de 2010

LOGO

Aproveitando que este ano somos tantos argalleiros e argalleiras decidimos retomar a idea de buscar un logo que identificase os nosos clubs de lectura. Mans á obra. Os argalleiros de 4ºESO encargáronse desta tarefa.


sábado, 6 de noviembre de 2010

Non hai día que non aprendamos algo novo.

Por ter a sorte de ser unha areíña máis nese grande areal formado polas bibliotecas escolares galegas, alá polo mes de xuño -cremos recordar- tivemos que cubrir unha enquisa, e mira ti por onde, o que comezou sendo algo burocrático... rematou nunha "complicidade".


DESATRACAMOS

Un novo curso, a biblioteca do IES Castro da Uz comeza a súa andaina contra vento e marea.


miércoles, 2 de junio de 2010

Viaxe ao Courel

Celebramos o Día das Letras Galegas dunha maneira moi especial:

O 18 e 19 de maio fixemos unha viaxe ao Courel, algúns alumnos e alumnas de 1º de BAC cos nosos compañeiros do Castro Baxoi de Miño.


miércoles, 21 de abril de 2010

Viaxe a Porto

Día do Libro
O Club de Lectura e algúns alumnos e alumnas máis marchamos a Porto, mañá xoves 22 de abril para celebrar o día do libro (23 abril) facendo unha lectura continuada na librería "Lello e irmao". Iremos cos nosos compañeiros do CPI Castro Baxoi de Miño.


lunes, 19 de abril de 2010

Antonio Reigosa: Mitos e monstros de Galicia

O escritor Antonio Reigosa falounos dos mitos e monstros de Galicia, o 7 de abril de 2010. Esta actividade ía dirixida ao alumnado da ESO.


lunes, 8 de marzo de 2010

8 de marzo

Hoxe 8 de marzo, como todos os días do ano, é o día da muller traballadora. A muller loita por todo o que a rodea, de espírito incansable e reivindicador. Temos moitos exemplos ao longo da historia, unhas con recoñecemento e outras que quedarían no anonimato. Se tedes uns minutos contemplade o seguinte vídeo:


miércoles, 10 de febrero de 2010

O amigo invisible

VENRES 12 DE FEBREIRO - ÁS 10.10H

ESPÉRANVOS A CARTEIRA E O CARTEIRO DA AMIZADE E O AMOR- Paula O. e Juan D.-, na entrada do instituto para recordarvos que:

¡¡¡ O AMIGO INVISIBLE SEGUE ESTANDO CON NÓS !!!





viernes, 5 de febrero de 2010

Irène Némirovsky: El baile


Biografía Kiev, 11 de febreiro de 1903- campo de concentración de Auschwitz, 17 de agosto de 1942Naceu no seo dunha familia xudía. Filla dun banqueiro, fuxiu de Rusia coa súa familia nos comezos da Revolución. Despois de vivir en Finlandia e en Suecia, os Némirovsky instaláronse en París. Comezou a escribir aos 18 anos despois de licenciarse en Letras pola Sorbona. A súa primeira novela David Golder enviouna sen asinar á editorial por temor a que non a publicasen. o editor despois de ler aquela obra "audaz, cruel e brillante" tivo que pór un anuncio na prensa para buscar o autor.









miércoles, 27 de enero de 2010

Día da Paz: 30 de xaneiro

Celebramos o día da Paz con
MÚSICA E CONTACONTOS
con
“A tropa de trapo”presentan:
A HORA AZUL
Espectáculo de música e contacontos.